PSP ARQUITECTURA ofrece un servizo especializado de reforma enerxética de inmobles, especialmente indicado para vivendas unifamiliares, bloques de vivendas e negocios de hostalaría de máis de 20 anos de antigüidade que requiran un cambio de instalacións e de intervencións para a mellora da eficiencia enerxética.





Visita e inspección do inmoble.
Auditoría enerxética: análise integral de todos os factores, técnicos e económicos, que afectan directa ou indirectamente ao consumo enerxético do edificio, diagnosticando o estado do edificio dende o punto de vista da eficiencia enerxética.



- Elaboración dun informe coa avaliación dos ámbitos de intervención e proposta de actuacións, cun presuposto estimativo.
- Programa de intervención: para a aplicación das medidas ao longo de toda a vida útil do edificio. Isto permitirá un menor investimento inicial e que, co aforro das solucións amortizables máis rápidamente, se sufraguen as intervencións máis caras.



- Proxecto de reforma con presuposto detallado.
- Deseño do plan de mantemento.
- Tramitación de licenzas e subvencións e seguimento para a obtención dos permisos administrativos.



- Contacto con empresas de servizos enerxéticos e instaladores.
- Seguimento da obra para a supervisión e corrección dos traballos realizados.
- Control dos presupostos.
- Inspección da instalación acabada e emisión do certificado final.



Unha vez acabadas as obras de reforma energética, se pone en marcha o plan de mantemento coa finalidade de que o inmoble reformado e as súas instalacións se conserven en boas condicións durante máis tempo e incrementen o seu valor.